Habita en España húmida desde Galicia ata o Pirineo Oriental. Cando abundan os arbustos e extractos heteroxéneos, atopamos o cardeal nos bosques de faias e abetos e en todos os bosques mixtos de coníferas e frondosas onde se dan as condicións anteriores. Ten 15 centímetros e come insectos, sementes e bagas. Ao contrario que outros paxaros que sucumben ás condicións adversas, o cardeal aproveita as posibilidades do contorno, chegando a comer as xemas das árbores. Cría de abril a agosto e o niño pode construílo sobre arbustos perennes ou árbores de porte medio.