Habita en todo tipo de bosques e campiñas, en arboredos, plantacións, etc. Caza ao axexo voando a baixa altura, case sempre aves, aínda que en ocasións aliméntase de grandes insectos e pequenos mamíferos. Cría de abril a maio nos bosques xunto a prados con árbores e a unha altura de 5 a 30 metros do solo.