É unha ave mariña que adoitamos ver moi lonxe da costa. Aliméntase de peixes, os cales caza lanzándose en picado, por veces desde 30 metros de altura ou máis. Adoita voar baixo e realizar voos curtos. A súa presenza no inverno é frecuente nos arredores das illas.