Habita en acantilados e zonas rochosas de alta montaña e tamén en acantilados e afloramentos rochosos preto do mar. O niño constrúeo sempre aproveitando salientes, gretas ou covas inaccesibles. Mide 39 centímetros e aliméntase de larvas, eirugas, caracois, saltón e arañas. Mide 39 centímetros e aliméntase de larvas, eirugas, caracois, saltón e arañas. Tamén algunha semente sen chegar a constituír perigo para as colleitas. As poboacións costeiras desta especie descenderon gravemente nos últimos anos en Galicia. Na illa de Ons aniñan algunhas das últimas parellas que podemos encontrar hoxe en día no litoral galego.