Habita nas mesmas zonas que o ferreiriño real, aínda que lle gustan menos os bosques de coníferas. Ten un tamaño de 11 centímetros e como outros páridos pode ser un acróbata buscando comida no envés das follas, alimentándose dos insectos e vermes que as parasitan e aproveitando tamén as xemas das ramas máis finas. En outono pode comer algún froito e en inverno sementes. Cría de abril a xuño en niños que fai en buratos.