É unha ave moi activa que non para de buscar insectos entre a foresta. Aínda que é moi nerviosa, pode verse facilmente desde moi preto. Aliméntase de todo tipo de insectos e arañas, completando a súa alimentación con sementes e froitos. Camufla o seu niño entre as follas as árbores e pon de 7 a 10 ovos que incuba a femia, entre os meses de abril a xuño. Vive en calquera tipo de bosque, perenne ou caducifolio, tamén en arboredos e por veces en parques e xardíns.