A píntega común require unha presenza continua de humidade, permanecendo enterrada en fase de letargo durante os longos períodos de seca. Xeralmente pon as súas larvas na auga (reprodución ovovivípara), aínda que estudos recentes indican que as píntegas das Illas Atlánticas reprodúcense de forma totalmente vivípara, é dicir, parindo en terra firme xuvenís xa metamorfoseados, comportamento que ata o momento só se tiña detectado en poboacións moi concretas da Cordilleira Cantábrica e Pirenaica. Cualificada como especie ?Vulnerable? no eido peninsular, é moi abundante en Ons onde os exemplares parecen presentar un maior grao de melanismo (predominancia de cor negra e escaseza de manchas amarelas na superficie corporal) do habitual. Pola contra, a píntega é moi escasa no arquipélago de Cíes, onde practicamente se atopa relegada á illa Sur ou de San Martiño. Ambas se consideran poboacións illadas ameazadas (Libro Vermello dos Anfibios e Réptiles de España).