Este gasterópodo mariño sen cuncha ten un corpo alongado que pode alcanzar os 3,5 centi metros de longo, de cor azul escura, cunhas franxas amarelas de maior ou menos intensidade.No manto, as liñas amarelas son 3 lonxitudinais e unha máis periférica que o bordea por completo.Ten numerosas branqueas e aliméntase de esponxas.É unha especie común que podemos encontrar en fondos rochosos iluminados ou algo umbríos. Esténdese por todo o Mediterráneo e o Atlántico.