É un paxaro diminuto, non chega aos 10 gr. de peso, profusamente listado en cabeza e lombo e cunha cola curtísima de punta branca e negra. Fan o niño entre a herba alta entretecendo, macho e femia, os finos talos ata formar unha bolsa de material sedoso. Vive en zonas herbáceas con gramíneas de certo talle. Aliméntase de todo tipo de larvas, insectos e arañas de pequeno e mediano tamaño, completa a súa dieta con sementes.