Ave duns 41 cm sen diferenza entre sexos. O dorso e as ás son de cor gris perla, mentres que a cola e as zonas inferiores son brancas, tinguidas lixeiramente de rosa. Presenta un caparucho negro e un pico longo e fino negro que remata en punta amarela. Aliméntase de peixes pequenos, crustáceos, vermes e moluscos. Pode confundirse cunha pequena gaivota, aínda que se distingue por realizar espectaculares picados para capturar peixes, e non cesa de emitir continuos "chíos". Moi común en primavera e outono en toda a costa galega.