Distribúese por toda a Península e Baleares. A cor da súa plumaxe sérvelle de camuflaxe entre as follas do solo onde busca insectos. Comeza a súa actividade no crepúsculo, cando sobrevoa campos e lindeiros forestais en busca de comida. Nidifica en pequenas depresións, de maio a xullo e pon 2 ovos que son incubados pola femia.