Ten un corpo alongado e ovalado que pode alcanzar 3,5 cms de longo, de cor rosa pálida. O manto está delimitado por unha liña de cor amarela intensa. Ten numerosas branqueas que varían en número dependendo de cada individuo. Aliméntase de esponxas e é moi pouco común. Aparece principalmente en fondos rochosos e esténdese por todo o Atlántico e o Mediterraneo.