Miden aproximadamente de corenta a corenta e cinco centímetros, con grandes pavillóns auditivos cincentos pola súa cara externa coa punta negra e esbrancuxados polo interior. O resto do corpo varía entre os grises e negros da parte superior do corpo e os pardos-terrosos dos costados. Hai uns anos estivo en perigo de extinción pola mixomatose importada de Francia que deforma cabezas e corpos. Aliméntase de brotes tenros, amorodos, cortizas ou hortalizas. Antigamente abundaba tanto en España que nas antigas moedas hispano-romanas de Adriano aparecía como símbolo de Iberia. Nas illas de Ons e Onza atopámolo en zonas de vexetación densa. Nas illas Cíes é abundante e distribúese por todas as zonas, aínda que prefire zonas desarboradas con densa vexetación.