É unha ave mariña moi grande de cor negra coas meixelas e o queixo brancos. Mide uns 90 cm e ten un peteiro, grande e forte, rematado en gancho. Non hai diferenza entre sexos. Habita en grandes lagos e augas do litoral e aliméntase de peixes. É habitual como especie hibernante en Galicia, e adoita empregar os acantilados da illa como durmideiro.