Debe o nome ao caparucho negro do macho sobre o que se debuxa un anel colorado que rodea o ollo, dentro dun colorido xeral gris escuro, máis apagado por abaixo. É unha ave tipicamente insectívora que caza tanto entre as árbores dos nosos xardíns e cultivos como entre as matogueiras dos campos.