Trátase dunha especie moi distribuída e común, que aniña en variedade de lugares arborados. Dende os parques urbanos aos bosques máis recónditos, xa sexa de coníferas ou caducifolios, a nivel do mar ou en monte, este ave adáptase sen ningún problema. En épocas de frío e escaseza busca bagas silvestres.