Este cetáceo, de ata 2,50 metros de lonxitude, conta con importantes poboacións nas Rías Baixas galegas. En verán frecuentan as augas das illas, aínda que non por iso son doados de observar. Distribúese por augas mornas e cálidas de todo o mundo. Como son mamíferos, respiran por pulmóns, o que os obriga a saír á superficie. O seu espectro alimenticio é moi amplo, con preferencia sobre especies de peixes como anchoas e sardiñas, pero incluíndo tamén cefalópodos.