Pode atinxir os 7 cm de diámetro. Ten espiñas fortes, agudas e longas. A cor varía do morado ao verde escuro, pasando por rosas, marróns e pardos. Aliméntase de algas. Reprodúcese durante todo o ano, sendo máis activo no verán. É unha especie moi común que podemos atopar en fondos rochosos e sombrizos. Esténdese por todo o Mediterráneo e o Atlántico.