Son individuos moi sociables que para criar necesitan combinar ermos e cultivos con árbores diseminadas. A súa alimentación principal é de orixe vexetal, pois grazas ao seu pico forte e afiado lle resulta doado sacar as sementes dos capítulos dos cardos máis pinchudos, aínda que a variedade vexetal que lles alimenta é moi extensa. En primavera durante a cría, e parte do verán, caza insectos para completar a súa dieta.