É o maior dos lagartos españois cunha cor intensa de amarelos e verdes, con pintas negras ou de manchas escuras, polo que recentemente foi catalogada como unha subespecie diferente: Lacerta lepida oteroi. Son moi esquivos e ao menor sinal de alarma escapan gabeando sobre calquera superficie vertical. Os exemplares novos son moi atacados por rapaces e mustélidos. Aínda que diminuíron moito os seus efectivos aínda se pode considerar común. Tanto na illa de Ons como nas illas Cíes, atopámolo en zonas moi secas e soleadas, con ou sen vexetación. En Sálvora ocupa o mesmo hábitat. Os exemplares desta illa caracterízanse por ter un tamaño, dentición e cor distinta ao resto.