Colonias que poden alcanzar os 20 cm de altura, capaces de desenvolver lóbulos grosos e carnosos que cobren grandes superficies rochosas. A súa cor varía do branco ao amarelo ou laranxa suave, sendo os pólipos da mesma cor que a superficie da colonia. Poden vivir moito tempo sempre que as condicións sexan as óptimas.