A lontra estivo presente históricamente nas illas do Parque, como se deduce da existencia dalgúns topónimos como a coñecida "Furna das lontras" de Cíes. A fináis do século XX desapareceu dos arquipiélagos de Ons e Cíes, ou a lo menos a súa presenza fíxose moi esporádica. Pero dende a declaración do Parque Nacional produciuse unha lenta recolonización dos seus antiguos territorios. Actualmente está presente en todas as illas do Parque Nacional. Comprobouse a súa reprodución nas illas de Sálvora, Ons, Monteagudo (Cíes) e San Martiño (Cíes). A súa alimentación nas illas baséase casi exclusivamente en peixes, especialmente agullas (Belone belone) e especies das familias Labridae, Blenniidae o Gobiidae, propias do intermareal.