É unha ofiura grande que pode alcanzar os 2,5 cm de diámetro, con cinco brazos longos e finos articulados e moi flexibles, que rompen con facilidade. O disco é aplanado e circular, moi pequeno en comparación cos brazos. De cor escura, está cuberta, na súa cara dorsal, de pequenos e uniformes gránulos. Pódese alimentar de varias formas, por suspensión ou por filtración e come todo tipo de substancias orgánicas incluíndo prea.