Molusco mariño de cuncha ovalada de ata 10 cm e con iridiscencias anaracadas na súa cara interior. Vive sobre o substrato rochoso ao que se adhire grazas ao seu gran pé musculoso. Aínda que non o pareza, poden desprazarse moi lentamente en busca de alimento.