O paíño é unha pequena ave mariña estreitamente peláxica que só se achega á costa para aniñar ou para refuxiarse dos temporais. Pouco máis grande que un pardal, é de hábitos nocturnos e cría en fendas e buracos das rochas costeiras en zonas practicamente inaccesibles. Nas Illas Atlánticas existe un pequeno núcleo de cría no arquipélago de Cíes.