Ten unha robusta cuncha de forma redondeada con espiras empenadas. Coloración interior branco nacarado e exterior é variable, entre branco sucio, amarelento ou gris con manchas avermelladas, azuladas ou negras. É unha especie moi común que habita fondos rochosos iluminados ou algo umbríos. Aliméntase de algas.