Pertence á familia Scalpellidae. Pode atinxir os 15 cm de lonxitude con pedúnculo carnoso e groso, pel moi forte e un capítulo con 5 grandes placas cara ao seu ápice rodeado basalmente de paraneis de placas triangulares. Aparece sobre rochas, en zonas de gran dinamismo hidrolóxico. É unha especie moi apreciada en gastronomía. Distribúese polo Mediterráneo, en zonas moi localizadas, e no Atlántico. A súa extracción no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia está regulada.