Nidifica fundamentalmente en bosques das zonas húmidas do norte e nos vales sombrizos dos macizos de montaña. Tamén o podemos ver en terras de labor, xardíns e bordes de río con matogueira impenetrable. Cabe destacar a territorialidade dos hibernantes, de tal forma, que non toleran a presenza doutro individuo da súa especie na parcela elixida. Sempre come no chan insectos, miñocas e moluscos pero completa a súa dieta con froitos como o piñeiro albar, amoras, etc. Aniña en buracos ou fendas de muros ou rochas, árbores, etc.