Animal de corpo globoso, que pode alcanzar os 150 cm de longo. Ten unha cabeza moi desenvolvida onde destacan os grandes ollos, e unha boca provista de dúas mandíbulas rodeada de 8 brazos con dúas filas de ventosas. Aliméntase de crustáceos, peixes e outros moluscos. Distribúese por todo o Mediterráneo e o Atlántico e podemos atopalo nos recunchos das rochas ou en cavidades mariñas. É unha especie moi común e apreciada en gastronomía.