É orixinaria de Persia e da India e estendeuse por Europa a principios do século XII. A súa cor depende da raza xeográfica, ten cabeza maciza, orellas prominentes e unha cola núa, máis longa que a cabeza e o tronco xuntos. Ocupan todo tipo de áreas faltando só na alta montaña e seguramente nos bosques de folla caduca. Na illa de Ons atopámola en gran número, asociada a todo tipo de construcións humanas. Nas Illas Cíes é un eficaz colonizador que ademais de ocupar construcións, vive principalmente en toxeiras, muros e paredes de silveiras.