É unha especie de corpo alongado, algo comprimido e ovalado. Pode medir ata 45 cm de longo, e é de cor cincenta-prateada con bandas lonxitudinais de cor amarela. Gregaria, reprodúcese dúas veces por ano, pasando as súas larvas a formar parte do plancto. Aliméntase de algas, aínda que esporadicamente, pode comer crustáceos ou vermes. Abunda en fondos rochosos iluminados con algas.