Ten unha cuncha de forma cónica, duns 4 cm de altura e 3,5 cm de diámetro con espiras moi pouco convexas, e un cordón ornamental que pode ou non sobresaír. Cor variable, máis frecuente a branca amarela con irregulares manchas vermellas, aínda que se coñecen poboacións de cor branca pura. Non é unha especie moi común e habita en fondos rochosos máis ou menos sombrizos.